No seu artigo, Manuel Rodríguez Santabaya expón de xeito claro e demoledor os cambios e maiormente o deterioro que sufriu nos últimos tempos a profesión do xornalista. Atrás quedaron os heróicos voceiros que loitaban nas redaccións e nas rúas pola búsqueda da verdade, guiados sempre pola honestidade, a obxectividade e a transparencia. Onde quedou esa fermosa e “romántica” tarefa? Onde quedou o servizo a sociedade?
Quedou sepultado baixo as moedas e os intereses “dos de arriba”, convertidos en reproductores mecánicos de, como di Manuel na súa reflexión “Xornalismo de hoxe e mañá”, “gobernos e grandes corporacións”. Simples intermediarios sen ansias de investigar ou coñecer, apoltronados nas súas redaccións, pegando e copiando o que lles mandan pegar e copiar, inmersos nunha rutina de comodidade na que a inquietude de servizo social, de “aventura e crítica”, pasou a un segundo e irrelevante plano.
“Apenas quedan medio independentes”, di Manuel, e con moita razón, pois os intereses poderosos que manipulan e contaminan o xornalismo extenden as súas mans en todos os seus aspectos. O xornalismo xa non é independente, sobrevive da “publicidade, do accionado e das subvencións”, sobrevive con cartos alleos que modulan, manipulan e dirixen a súa actividade. Qué pode facer a audiencia, esa audiencia que agarda novas de calidade, transparentes e contrastadas? Nada. Eles non teñen o diñeiro, logo non teñen o poder. Son os cartos os que moven o mundo, e non ía ser diferente no caso do xornalismo.
Pero, como Manuel, debemos ver esa alternativa que nos ofrece Internet en forma de páxinas de xornalismo cidadñan ou colaborativo (como poden ser “Periodismo Independente”, Bottup ou Soitu). “Tu noticia es la noticia”, “Independentes sempre, aislados nunca!”, rezan unhas e outras, dándonos unha esperanza sobre o futuro do xornalismo ligado á rede e as novas tecnoloxías. Pero este futuro depende de quen o leve, dos que acaben movendo os fíos. Sería catastrófico que eses defectos do xornalismo se trasladen as webs, que os cartos non controlen estas pantallas que poden reinventar o xornalismo e alonxalos das influencias que fixeron del o que é agora. Como afirma Manuel, “hai que evitar que esta arma quede nas mans dos de sempre”, que se convirta nunha nova ferramenta de manipulación e non de esperanza para a información de calidade que xan non atopa sitio nos soportes de sempre.

